Instalacións >> Localización

Localización

Localización

  • Deputación de Pontevedra
  • Centro de Acollida

ACCESOS Ó CAAN:

  • Desde a autovía do Salnés AG-41 (sentido AP9-Sanxenxo)
    Saída no p.q. 7+000 (Ribadumia, Cambados): na glorieta coller a terceira saída e pasar por debaixo da autovía. Nova glorieta. Coller a primeira saída da glorieta dirección A Armenteira (estrada provincial EP-9405). A 100 metros, nunha nova glorieta, coller a primeira saída dirección A Armenteira pola EP-9405.
    No p.q. 4+500 atópase o Mosteiro da Armenteira, seguimos a mesma dirección e sentido no que circulamos dirección O Busto. No p.q. 6 +800 hai unha nova glorieta, collemos a primeira saída dirección Meaño-Sanxenxo pola EP-9214 O Busto-Samieira e a un quilómetro, na marxe esquerda desta estrada, atópase o CAAN.
  • Desde a autovía do Salnés AG-41 (sentido Sanxenxo-AP9)
    Igual que no caso anterior, saíndo directamente á rotonda que indica na súa primeira saída A Armenteira.
  • Desde a autovía do Salnés AG-41 (p.q. 13+000)
    Saída neste p.q. onde se enlaza mediante unha glorieta coa estrada autonómica PO-303, collemos a terceira saída e, pasando sobre a autovía, enlazamos con outra glorieta na que continuaremos de fronte pola PO-303 ata o p.q. 2+300 onde nos encontraremos unha nova glorieta na que collemos a terceira saída dirección O Busto-Armenteira (EP-9214). A 3 quilómetros, na marxe dereita, atópase o CAAN.
  • Desde a PO-308 (Pontevedra-A Lanzada), lugar de Samieira
    Inicio da PO-303 no lugar de Samieira, no p.q. 2+300. Atopamos unha glorieta e collemos a primeira saída dirección O Busto-Samieira (EP-9214), a 3 quilómetros, na marxe dereita, está o CAAN.